![]() |
|
|
|
O Espazo Documental comeza a súa traxectoria nos primeiros meses do ano 2006, como unha iniciativa vinculada ao Proxecto-edición, desenvolto polo CGAC, MARCO e a Fundación Luís Seoane. Un programa ideado para a recollida e posta en valor da documentación e obra producida polos artistas galegos no contexto contemporáneo, e que conta para a súa consulta cun espazo na rede e cun arquivo físico, sendo susceptibles ambos de seren consultados en cada unha das sedes colaboradoras. O proxecto nace como desexo de configurar un centro de consulta, investigación, conservación e divulgación da arte máis recente realizada dentro e fóra de Galicia, caracterizado pola súa continua ampliación e actualización de datos e información. |
||
![]() |